La Real Academia Galega colaborará con la ONCE para reforzar el gallego entre las personas con discapacidad visual

El acuerdo fue firmado en la sede de la RAG por su presidente, Víctor F. Freixanes, y el delegado territorial de la ONCE en Galicia, Manuel Martínez Pan

Fecha: 12/11/2018
El presidente de la RAG, Víctor F. Freixanes, y el delegado territorial de la ONCE en Galicia, Manuel Martínez Pan, durante la firma del acuerdo

La Real Academia Galega y la ONCE colaborarán para dotar a las personas ciegas y con discapacidad visual severa de los recursos lingüísticos y técnicos necesarios para expresarse  íntegramente, oralmente y por escrito, en gallego. Este es uno de los compromisos que se establecen en el protocolo de colaboración entre ambas instituciones que firmaron esta mañana en la sede de la Academia el presidente de la RAG, Víctor F. Freixanes,  y el delegado territorial de la ONCE en Galicia, Manuel Martínez Pan. El acuerdo permitirá también trabajar de forma conjunta en todo tipo de proyectos culturales de interés común encaminados al fomento y promoción de la lengua y de la cultura gallegas, y procurará, en definitiva, más espacios de uso para el gallego entre las personas afiliadas a la ONCE.

La ONCE lleva ocho décadas prestando servicios a personas ciegas y con discapacidad visual severa y trabajando en favor de su  inclusión social y laboral,  facilitando así el pleno ejercicio de sus derechos. El protocolo firmado hoy en A  Coruña ahonda en este objetivo, porque “a lingua e a cultura galegas forman parte deses dereitos de cidadanía”, destaca el presidente de la Academia, que recuerda que o Rexurdimento contó entre  sus figuras más destacadas con un invidente, el periodista Valentín Lamas Carvajal. “Hoxe damos, da man da RAG, un importante paso para potenciar o uso e o coñecemento da nosa lingua entre a comunidade de persoas cegas e con discapacidade visual severa”, subraya el delegado territorial de la ONCE.

La lengua es un código de comunicación y de socialización que atañe a todas las personas, una implicación global por la que vela este protocolo. “Non hai cidadáns de primeira e cidadáns de segunda. Responsabilidade de institucións como a ONCE ou a RAG é dar resposta ás necesidades e demandas de todas as persoas, incluídas aquelas que por calquera discapacidade teñen dificultades para acceder á cultura, ou dito doutra maneira: ao desenvolvemento pleno da súa personalidade e das súas capacidades, en pé de igualdade con calquera outra persoa”, expresa Víctor F. Freixanes. Con este propósito, ambas instituciones pretenden trabajar conjuntamente para atender la creciente demanda de las personas invidentes de textos en gallego, literarios y no literarios, textos técnicos y científicos, o simplemente de ocio. “Veremos mellorado de forma significativa o acceso á cultura galega no idioma propio da nosa terra ao aumentar a oferta bibliográfica en galego, tanto en versión Braille como en versión sonora”, detalla Manuel Martínez Pan.

El incremento de la oferta de libros en gallego para personas con discapacidad visual es asimismo una manera más de  “incorporar o idioma galego á plena normalidade, que pasa por poñelo a disposición de sectores da sociedade que o demanden e poidan enriquecerse coa súa práctica e coñecemento”,  concluye el presidente de la Real Academia Galega.

A Real Academia Galega colaborará coa ONCE para reforzar o galego entre as persoas con discapacidade visual

Ambas as institucións formalizaron hoxe un protocolo ao abeiro do cal se comprometen a traballar para incrementar a oferta bibliográfica en galego dispoñible tanto en Braille como en versión sonora

O acordo foi asinado na sede da RAG polo seu presidente, Víctor F. Freixanes, e o delegado territorial da ONCE en Galicia, Manuel Martínez Pan

A Real Academia Galega e a ONCE colaborarán para fornecer as persoas cegas e con discapacidade visual severa dos recursos lingüísticos e técnicos necesarios para se expresar integramente, oralmente e por escrito, en galego. Este é un dos compromisos que se establecen no protocolo de colaboración entre ambas as institucións que asinaron esta mañá na sede da Academia o presidente da RAG, Víctor F. Freixanes, e o delegado territorial da ONCE en Galicia, Manuel Martínez Pan. O acordo permitirá tamén traballar de forma conxunta en todo tipo de proxectos culturais de interese común encamiñados ao fomento e promoción da lingua e da cultura galegas, e procurará, en definitiva, máis espazos de uso para o galego entre as persoas afiliadas á ONCE.

A ONCE leva oito décadas prestando servizos a persoas cegas e con discapacidade visual severa e traballando a prol da súa inclusión social e laboral,  facilitando así  o pleno exercicio dos seus dereitos. O protocolo asinado hoxe na Coruña profunda neste obxectivo, porque “a lingua e a cultura galegas forman parte deses dereitos de cidadanía”, salienta o presidente da Academia, que lembra que o Rexurdimento contou entre as súas figuras máis destacadas cun invidente, o xornalista Valentín Lamas Carvajal. “Hoxe damos, da man da RAG, un importante paso para potenciar o uso e o coñecemento da nosa lingua entre a comunidade de persoas cegas e con discapacidade visual severa”, subliña o delegado territorial da ONCE.

A lingua é un código de comunicación e de socialización que atinxe a toda as persoas, unha implicación global pola que vela este protocolo. “Non hai cidadáns de primeira e cidadáns de segunda. Responsabilidade de institucións como a ONCE ou a RAG é dar resposta ás necesidades e demandas de todas as persoas, incluídas aquelas que por calquera discapacidade teñen dificultades para acceder á cultura, ou dito doutra maneira: ao desenvolvemento pleno da súa personalidade e das súas capacidades, en pé de igualdade con calquera outra persoa”, expresa Víctor F. Freixanes. Con este propósito, ambas as institucións pretenden traballar conxuntamente para atender a crecente demanda das persoas invidentes de textos en galego, literarios e non literarios, textos técnicos e científicos, ou simplemente de lecer. “Veremos mellorado de forma significativa o acceso á cultura galega no idioma propio da nosa terra ao aumentar a oferta bibliográfica en galego, tanto en versión Braille como en versión sonora”, detalla Manuel Martínez Pan.

O incremento da oferta de libros en galego para persoas con discapacidade visual é asemade unha maneira máis de  “incorporar o idioma galego á plena normalidade, que pasa por poñelo a disposición de sectores da sociedade que o demanden e poidan enriquecerse coa súa práctica e coñecemento”,  conclúe o presidente da Real Academia Galega.

Compartir en: