No ámbito educativo internacional

Alumnos en escuelaO dereito á educación dos nenos cegos nos países en desenvolvemento, onde a inmensa maioría deles ten escasas posibilidades nin sequera de alfabetización básica, é unha das reivindicacións permanentes da ONCE. A institución participa no Consello Internacional para a Educación das Persoas con Deficiencia Visual, que liderou a campaña mundial denominada "Educación para todos", apoiado directamente polos seus doadores, UNICEF e UNESCO.

Tamén, grazas á colaboración de entidades españolas, se acometeu un proxecto de cooperación educativa a prol dos nenos cegos en campamentos saharauís de refuxiados, e de parecidas características nos Balcáns (Tirana, Belgrado, Saraievo, Derventa).

Compartir en: