Galego
Baner cabecera idioma gallego
Estás en:

Servizos sociais

O carácter social da ONCE impregna e condiciona a actividade finalista da organización de cegos encamiñada a conseguir dous grandes obxectivos: a autonomía persoal e a plena integración social do colectivo dos seus afiliados.
Os servizos sociais especializados son o sinal de identidade da institución; máis de 230 millóns de euros anuais (dato referido ao exercicio 2009) destínanse na ONCE á acción social.

O modelo de servizos da ONCE é único no mundo. Abrangue todos os aspectos e/ou servizos especializados que pode necesitar unha persoa cega ou con discapacidade visual: educación, emprego, rehabilitación, axudas técnicas adaptadas, comunicación e acceso á información, deporte, ocio, etc.

A prestación de servizos especializados para o colectivo de cegos da ONCE é o resultado do investimento solidario que miles de cidadáns realizan cada día coa compra dos produtos de xogo da organización.

Autonomía persoal

Collage Autonomía PersonalOs servizos sociais que presta a ONCE obteñen a súa máxima cando as persoas cegas e/ou con discapacidade visual alcanzan a súa plena autonomía persoal. A especialización dos servizos é clave para lograr resultados.

Os profesionais da Organización xogan un salientable papel nas tarefas rehabilitadoras que abranguen todos os ámbitos da vida do/a afiliado/a á ONCE.

Conseguir unha axeitada orientación e mobilidade ata chegar a optimizar un resto visual aproveitable é algún dos obxectivos que cursan con tempo e paciencia.

A atención de calidade e personalizada é garantía do resultado. Desde o uso do bastón para os desprazamentos ou a elección dun can guía que faciliten a autonomía son opcións que requiren dunha aprendizaxe previa.

Inclusión educativa

A ONCE promove un modelo de educación inclusiva para que as nenas e os nenos afiliados á organización de cegos estuden en calquera colexio e instituto, en España. Así, conseguiuse que o 98 por cento reciba unha educación normalizada; preto de 7500 alumnos con discapacidade visual asisten ás súas clases habituais en centros ordinarios do país.

En calquera caso, os máis novos contan con preto de 500 profesionais dos equipos específicos da ONCE que lles facilitan a aprendizaxe e o material accesible para a súa inclusión na aula. Unha axuda dirixida tamén cara ao profesorado, aos compañeiros da clase e ás familias por estar todos implicados no proceso educativo.

A formación con ensinanzas específicas, para o colectivo de nenos e mozos con discapacidade visual, realízase a través de cinco centros de referencia ONCE, situados en Madrid, Barcelona, Pontevedra, Sevilla e Alacant. Son os que se chaman Centros de Recursos Educativos (CRE) nos que se dan ciclos de formación non regulada, segundo as esixencias do mercado laboral, e/ou se achega a especialización docente con nenos e mozos xordocegos, etc.

O ensino en braille, o manexo de equipos informáticos adaptados, técnicas de estudo, orientación e mobilidade, habilidades sociais, etc. son parte da instrución específica que reciben os estudantes con discapacidade visual.

Xordocegueira

Usuario de bastón rojo y blancoA discapacidade que combina dúas deficiencias sensoriais, visual e auditiva, defínese como xordocegueira. As necesidades especiais e os problemas de comunicación que xera esta discapacidade dependerán do nivel ou do grao de manifestación desta en cada persoa.

No colectivo de afiliados cegos da ONCE, recoñécese como "afiliados con xordocegueira" os que presentan unha deficiencia auditiva asociada.

Con carácter asistencial e a instancias da ONCE creouse, en 2007, a Fundación ONCE para a Atención de Persoas con Xordocegueira (FOAPSAbre Web externa en ventana nueva).

A formación e o emprego

O desenvolvemento profesional non é só unha necesidade vital, para as persoas discapacitadas é unha vía de integración na sociedade. Unha saída inzada de dificultades na que unha boa formación é determinante. Por iso a ONCE actúa en dúas direccións: incidindo na importancia da formación e buscando o compromiso dos axentes sociais que interveñen no mundo laboral.

A fonte principal de emprego para as persoas con discapacidade visual é a venda do cupón e outros xogos de azar da ONCE, pero tamén hai moitos profesionais cegos ben preparados para exercer outras tarefas: avogados/as, economistas, intérpretes, músicos, psicólogos/as, xornalistas, pedagogos/as, técnicos de sistemas de información ... que buscan unha oportunidade para demostrar a súa valía.

A ONCE intervén na formación profesional organizando e dispensando módulos específicos, como telefonía e telemercadotecnia, estenotipia informatizada, xestión de redes informáticas... . Ademais ofrece bolsas e axudas para o estudo, a formación e a reciclaxe e a adaptación de equipos informáticos.

alumnos de la escuela de fisioterapia haciendo prácticasTamén conta coa Escola Universitaria de Fisioterapia da ONCEAbre Web externa en ventana nueva,  centro adscrito á Universidade Autónoma de Madrid, do que cada ano saen decenas de especialistas en fisioterapia, unha profesión na que as persoas con discapacidade visual destacan tanto na sanidade pública coma na privada logrando un importante prestixio recoñecido por toda a profesión.

Centos de profesionais traballan en campos tan diversos como a docencia, a sanidade, a comunicación, o dereito, a música ou a administración.

Por outro lado, a ONCE como axente social xerador de emprego creou, no período 2004/2011, 16 000 novos postos de traballo e realizou 32 000 accións formativas para persoas con discapacidade; compromiso que adquiriu coa Administración Central.

Cultura

A Convención da ONU sobre os Dereitos das Persoas con Discapacidade recoñece a importancia da accesibilidade cultural "para que as persoas con discapacidade poidan gozar plenamente de todos os dereitos humanos e as liberdades fundamentais".

Nesa idea, a ONCE achega unha serie de medios que posibilitan que as persoas cegas poidan gozar do conxunto de disciplinas e manifestacións que conforman o feito cultural: teatro, música, artes plásticas, producións audiovisuais, literatura...

De xeito directo a organización de cegos intervén en:

  • A produción bibliográfica. Un servizo especializado, con dous centros, un en Madrid, outro en Barcelona, encárgase de editar en braille, tinta e soportes sonoro e dixital, obras literarias ou textos especializados segundo o interese da obra e a demanda dos afiliados á ONCE, que poden solicitar en calquera momento os libros que desexen e necesiten. A través dunha base informatizada, pódense consultar os seus fondos bibliográficos en distintos soportes.
    Ademais, unha serie de convenios con universidades e editoriais permite que os cegos españois poidan dispoñer das súas obras en soporte informático.
  • Estímulo á creación literaria mediante concursos, como os Premios TIFLOS de novela, conto e poesía. Un certame xa veterano e prestixioso, que a ONCE convoca anualmente. Tamén o Concurso Literario Roc Boronat, en lingua catalá. E dirixido en exclusiva aos nenos e mozos cegos, os Premios Prometeo. Os Premios Tiflos tamén teñen un apartado de Xornalismo para recoñecer os traballos que capten con sensibilidade o esencial do tratamento informativo, e que aposten pola integración social das persoas con discapacidade.
  • A audiodescrición. Para que as persoas cegas poidan gozar o máis plenamente posible de espectáculos como o teatro ou o cinema, a ONCE achega un sistema que se chama audiodescrición. Consiste na inclusión de información sonora sobre detalles visuais (movementos de escena, xestos, vestiario,...) que, no cinema, se realiza inserindo os comentarios nunha banda de son e, no teatro, transmitindo esta información a un pequeno receptor que utiliza de forma individualizada o espectador cego. Hai que salientar que desde decembro de 2009 un cinema madrileño (Roxy B) proxecta con regularidade películas de estrea co sistema de audiodescrición.

Un museo para ver e tocarAbre Web externa en ventana nueva

Deporte

Collage deporteOs nenos/as, os mozos/as ou os adultos e as persoas maiores con discapacidade visual poden practicar diferentes deportes que requiren dalgunhas sinxelas adaptacións.

Natación, atletismo, ciclismo en tándem, judo, esquí, fútbol sala, montañismo, xadrez, ou o goalball (este último creado especialmente para deportistas cegos), son algunhas das disciplinas deportivas que non teñen barreiras. Tanto como exercicio de base, en campionatos escolares, ou como de alta competición, os afiliados á ONCE poden atopar unha actividade deportiva idónea para cada un.

A Organización tamén estimula e axuda os deportistas con aptitudes para a alta competición. Todas as disciplinas deportivas están agrupadas na Federación Española de Deportes para Cegos (FEDCAbre Web externa en ventana nueva) creada en 1993. Desde hai un tempo téndese a que cada deporte tamén se incorpore á súa respectiva federación, como por exemplo, o ciclismo en tándem, cuxo seleccionador nacional tamén o é de todas as variantes do ciclismo para discapacitados baixo o paraugas da Federación Española de Ciclismo, sendo un paso máis na normalización do deporte practicado por persoas con discapacidade. As disciplinas das que se ocupa a FEDC son: xadrez, atletismo, ciclismo en tándem, esquí, fútbol sala, goalball (deporte específico para deportistas cegos e deficientes visuais), judo, montaña, natación e tiro.

Por outro lado, os Xogos Paralímpicos son unha boa mostra do excelente nivel que os deportistas con discapacidade visual teñen e que se confirmou nos últimos que se celebraron en Beijing 2008. A ONCE ostenta, ademais, a presidencia do Comité Paralímpico Español cuxo papel se viu impulsado tras a posta en marcha, por parte da Administración do Estado, do Plan ADOP -Apoio ao Deporte Obxectivo Paralímpico-, que axuda á preparación de deportistas de elite con discapacidade de cara aos futuros Xogos Paralímpicos que se van celebrar en Londres en 2012.

Compartir en: