No ámbito internacional da promoción do emprego

Taller de reposteríaO principal instrumento de integración e normalización social é o traballo. Froito desta convicción, a ONCE desenvolveu un intensísimo esforzo para que, a través das políticas públicas e, tamén, co compromiso do sector privado, o dereito a un posto de traballo sexa unha posibilidade real para as persoas con discapacidade. Foron moi importantes os resultados que se alcanzaron en España e en Europa, pero aínda son numerosos os proxectos de cooperación internacional emprendidos nos países en vías de desenvolvemento sen que, na actualidade, se alcanzase un nivel óptimo neste propósito.

Portugal merece unha recensión á parte xa que, aínda sendo un país desenvolvido, foi obxecto de colaboración a través da organización portuguesa de cegos ACAPO (http://www.acapo.pt/Abre Web externa en ventana nueva).

A ONCE tamén asumiu compromisos sociais noutros terreos: o das novas tecnoloxías, na cultura e no deporte:

A accesibilidade ás novas tecnoloxías da información, convertidas en instrumento básico en moitos aspectos da vida moderna, teñen na ONCE un perpetuo valedor. Destaca a súa participación no importante Consorcio Mundial para o Acceso ás páxinas web (W3C, http://www.w3c.es/Abre Web externa en ventana nueva)

Na perspectiva cultural é básica a achega da ONCE na creación e no funcionamento do Consorcio Internacional DAISY (http://www.daisy.org/Abre Web externa en ventana nueva), que deseñou e botou a andar un formato universal de lectura en audio dixital.

Deporte internacional: tanto a ONCE coma a súa Fundación (http://www.fundaciononce.es//Abre Web externa en ventana nueva) apoian firmemente o Comité Paralímpico Español (http://paralimpicos.sportec.es/Abre Web externa en ventana nueva), o Europeo, EPC, e o internacional, IPC.

Compartir en: