Galego
Baner cabecera idioma gallego
Estás en:

Déixanos axudarche

Afiliación

A afiliación á ONCE pódese realizar cando a persoa interesada cumpra as seguintes condicións:
- Posuír a nacionalidade española.
- Dispoñer en ambos os dous ollos, alomenos, dunha das seguintes condicións visuais:

  • Agudeza visual igual ou inferior a 0,1 (1/10 da escala de Wecker), obtida coa mellor corrección óptica posible.
  • Campo visual reducido a 10 graos ou menos.

A afiliación significa pasar a formar parte da institución, asumindo os dereitos e mais as obrigas que se enumeran nos seus estatutos. Supón, ademais, o acceso a todos os servizos sociais de carácter especializado (rehabilitación, atención educativa, emprego, acceso á cultura,...) e a posibilidade de traballar como axente vendedor do cupón ou en calquera outro posto laboral, dentro da organización, para o que estea capacitado/a.

Cada ano afílianse á organización preto de 4000 persoas. Na actualidade o 20,78% son persoas con cegueira total e o 79,22% cunha deficiencia visual grave.

Prevención da cegueira

Revisión médicaEliminar a cegueira evitable en todo o mundo para o ano 2020 é a meta da campaña global "Visión 2020".

A Organización Mundial da Saúde (OMS) e a Axencia Internacional para a Prevención da Cegueira xunto cunha coalición de organizacións e/ou entidades implicadas como a ONCE promoven accións e mais xornadas que centran a atención na cegueira, na discapacidade visual e na rehabilitación das persoas con graves problemas visuais.
Cada ano, detéctanse "entre un e dous millóns de novos casos de cegueira, malia que o 80 por cento poden ser evitados e tratados", segundo a OMS. E é que unha axeitada prevención paliaría moitos dos problemas visuais que padecen os países máis desfavorecidos do planeta.
No mundo hai aproximadamente 161 millóns de persoas con discapacidade visual, dos que 40 millóns son cegos totais.

Ademais da colaboración que mantén a ONCE con organismos nacionais e internacionais para loitar contra a cegueira evitable, fináncianse proxectos de investigación universitaria sobre temas relacionados con patoloxías oftalmolóxicas, etc.

E, sempre atentos aos avances científicos, a ONCE facilita un servizo de asesoramento xenético para as persoas afiliadas á organización de cegos, cunha patoloxía visual de natureza hereditaria e/ou conxénita.

Benestar social

A ONCE dispón dunha ampla gama de axudas e prestacións para garantir un alto grao de benestar social para os seus afiliados. Para iso, a Organización desenvolve diferentes programas destinados a mellorar o benestar, como son as axudas a domicilio, de primeira necesidade ou o servizo de teleasistencia para atender as necesidades daquelas persoas cegas que viven soas, entre outras realizacións.

Bienestar socialAdemais a ONCE, preocupada polos seus maiores e pensionistas, organiza todos os anos "Vacacións Sociais" e tamén "Campamentos de Verán" para os máis pequenos... O tempo libre, o ocio, gozar da natureza, son aspectos moi importantes nas sociedades modernas e, polo tanto, tamén provocan efectos positivos na integración das persoas con discapacidade visual.

A institución promove un plan de voluntariado en todos os seus centros. O Servizo de Voluntariado da ONCE conta con cinco programas de traballo: o de Acompañamento, o de Acceso á Información, o Cultural/Recreativo, o de Deporte e o de Experiencia Profesional (consiste en facilitar o acceso ao programa laboral a través da previa experiencia profesional doutro afiliado que lle explica a súa traxectoria ao interesado).

Cada ano, centos de persoas de distintas idades subscriben, de forma desinteresada, acordos de prestación de servizos en réxime de voluntariado. A este respecto, son arredor de 17 000 a media de servizos realizados por máis de 1300 voluntarios.

Compartir en: