Leiro recolleu o galardón no teatro Colón da Coruña C. Carlos Leiro recoñece o labor de voluntarios e colaboradores 16 oct 2026 . Actualizado á 05:00 h. Whatsapp Mail Facebook Twitter Engade La Voz de Galicia en Google Comentar · Carlos Leiro, presidente da Asociación STOP e creador da campaña Cada Niño un Xoguete, recolleu o pasado mércores o Premio Solidario Grupo Social ONCE no teatro Colón da Coruña.. O galardón reconnoce a trayectora dunha iniciativa que este ano cumprirá dezaoito edicións. Durante a recollida do premio, o impulsor da campaña recoñeceu que a distinción pertence aos voluntarios e colaboradores do proxecto nos seus case dúas décadas de vixencia. «Este premio non é meu, é colectivo. Pertence a todas as persoas que durante estes 18 anos formaron parte desta campaña solidaria: aos voluntarios que dedicaron o seu tempo e esforzo, ás asociacións sobre o terreo, ás empresas colaboradoras, padriños, doantes e a todas as persoas anónimas que fixeron posible que miles de xoguetes cheguen a quen máis os necesitan», manifestou Carlos Leiro. O activista, que atravesa un delicado momento vital polo seu cancro, confirmou que a nova campaña continuará a súa marcha. «Ademais de paciente, sigo sendo Carlos, sigo tendo proxectos, compromisos e moitas ganas de vivir. 'Cada Niño Un Xoguete' é unha campaña que forma parte da miña vida e que seguirá adiante, estea eu como estea, porque hai causas que son infinitamente máis grandes que calquera de nós», concluÃu. Arquivado en: Teatro Colón A Coruña cidade Teatro Cáncer Whatsapp Mail Facebook Twitter Engade La Voz de Galicia en Google Comentar ·