Os galardoados nos Premios Solidarios Grupo Social ONCE 2026 EDUARDO PÉREZ Os galardoados foron a Asociación STOP, Solidarios cos Maiores, Marisol Soengas, Nauterra e o Parlamento de Galicia. 14 oct 2026 . Actualizado á 20:20 h. Whatsapp Mail Facebook Twitter Engade La Voz de Galicia en Google Comentar · O Grupo Social ONCE en Galicia entregou este mércores os seus Premios Solidarios 2026 nunha gala que se celebrou no Teatro Colón da Coruña. Á cita acudiron Miguel Ángel Santalices, presidente do Parlamento de Galicia; Patricia Sanz, vicepresidenta da ONCE; Fabiola GarcÃa, conselleira de PolÃtica Social e Igualdade da Xunta; Carlos Fernández, presidente da ONCE en Galicia; Nereida Canosa, concelleira de Benestar Social do Concello coruñés; e Manuel MartÃnez, delegado da ONCE en Galicia. Estiveron acompañados por diferentes autoridades polÃticas e sociais, asà como por representantes da discapacidade e da sociedade galega. Os premiados deste ano foron a Asociación STOP, Solidarios cos Maiores, Marisol Soengas, Nauterra e o Parlamento de Galicia. O presidente da Cámara autonómica, Miguel Ángel Santalices reafirmou na gala, ao recoller o Premio Solidario outorgado ao Parlamento galego, o compromiso deste coa inclusión e a plena integración das persoas con diversidade funcional. Tamén animou ao conxunto da sociedade galega a apoiar e comprometerse a loitar pola súa integración en todos os ámbitos, ademais de denominar este compromiso como un «obxectivo irrenunciable». Porque o Parlamento «só ten verdadeiro sentido se sabe escoitar, abrirse á sociedade e estar preto das persoas, sobre todo das que poidan ter máis dificultades para exerceren en plenitude os seus dereitos democráticos en todos os ámbitos». Santalices lembrou na súa intervención as diferentes iniciativas implantadas no Pazo do Hórreo en prol da inclusividad, que comezaron hai dúas décadas coa integración da lingua de signos nas actividades da cámara e expandÃronse para incluÃr a dÃa de hoxe a mellora de accesos, a integración laboral mediante prazas e bolsas de traballo especÃficas, un bucle electromagnético para persoas con audiófonos e a presenza de pictogramas orientados a persoas autistas. Por outra banda, eloxiou o labor en prol da integración social do resto de premiados e do propia ONCE, cuxa obra fai aÃnda mais significativo o galardón recibido. Mentres, a conselleira de PolÃtica Social e Igualdade, Fabiola GarcÃa , recoñeceu o traballo do Grupo Social ONCE como sinónimo de «inclusión social, de autonomÃa persoal, de normalización e de vida independente de aqueles que antes non podÃan nin soñar con ela». Fabiola GarcÃa destacou asà mesmo que Galicia «está á vangarda no que a solidariedade se refire» y que «podemos sentirnos orgullosos de estar á altura de calquera comunidade avanzada nos Ãndices que miden o desenvolvemento e o benestar». Tamén subliñou «o papel de entidades, de institucións e de héroes e heroÃnas anónimos que tecen unha inmensa rede solidaria». Arquivado en: PolÃtica social Xunta de Galicia Parlamento de Galicia Fabiola GarcÃa Nauterra Whatsapp Mail Facebook Twitter Engade La Voz de Galicia en Google Comentar ·