Santalices reivindica a integración das persoas con discapacidade como un «obxectivo irrenunciable» e anima a sociedade galega a implicarse O presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices , reivindicou onte a inclusión das persoas con discapacidade como un «obxectivo irrenunciable » no momento de recoller o Premio Solidario concedido polo Grupo Social ONCE á Cámara galega . O galardón recoñece as iniciativas impulsadas polo lexislativo autonómico para avanzar na accesibilidade da súa sede, así como na participación das persoas con diversidade funcional. Santalices aproveitou o acto para reclamar a implicación do conxunto da sociedade galega na eliminación das barreiras que dificultan a plena integración. "O Parlamento só ten verdadeiro sentido se sabe escoitar, abrirse á sociedade e estar preto das persoas, sobre todo das que poidan ter máis dificultades para exerceren en plenitude os seus dereitos democráticos en todos os ámbitos", afirmou. «O Parlamento só ten verdadeiro sentido se sabe escoitar, abrirse á sociedade e estar preto das persoas, sobre todo das que poidan ter máis dificultades para exerceren en plenitude os seus dereitos democráticos en todos os ámbitos» O presidente da Cámara repasou as medidas adoptadas polo Parlamento nas últimas dúas décadas, desde a incorporación da lingua de signos ás actividades institucionais ata a mellora dos accesos ao edificio do Pazo do Hórreo. Entre as iniciativas tamén figuran prazas e bolsas específicas para favorecer a integración laboral, a instalación dun bucle electromagnético para persoas usuarias de audiófonos e a colocación de pictogramas orientados a persoas autistas. Santalices agradeceu o recoñecemento á ONCE , cuxo labor vinculou co compromiso de avanzar cara a unha sociedade máis inclusiva. "Este premio ten para nós un significado especial, porque nace dunha institución que leva décadas facendo da solidariedade, da inclusión e da plena integración das persoas con diversidade funcional unha parte esencial da súa razón de ser" , sinalou. Tamén puxo en valor o traballo do resto de persoas e organizacións distinguidas. O presidente dedicou o premio aos traballadores do Parlamento e ás entidades, centros educativos e organizacións que colaboran coa institución. Ademais, agradeceu a contribución de quen traballa, moitas veces de xeito anónimo, para mellorar a sociedade galega. "Nun tempo en que, ás veces, parece que predominan o individualismo, a inmediatez ou a indiferenza, estes premios lémbrannos que hai outra maneira de facer as cousas", concluíu. Outros premiados Os outros galardoados pola ONCE no Teatro Colón da Coruña foron a Asociación STOP, Solidarios cos Maiores, Marisol Soengas e Nauterra. Estos premios solidarios son a máxima distinción que concede o Grupo Social ONCE a nivel autonómico, cuxo obxectivo é recñecer as persoas físicas ou xurídicas que destaquen polo seu labor solidaria na súa contorna de influencia.