Ricardo Añón Seijas, á esquerda, recolleu o galardón en nome da compaña carballesa GRUPO SOCIAL ONCE A multinacional carballesa recibiu o seu recoñecemento nunha gala celebrada no Teatro Colón da Coruña 15 oct 2026 . Actualizado á 05:00 h. Whatsapp Mail Facebook Twitter Engade La Voz de Galicia en Google Comentar · O Teatro Colón da Coruña acolleu onte a gala de entrega dos premios solidarios outorgados polo Grupo Social ONCE , uns recoñecementos pensados para «recoñecer ás persoas fÃsicas ou xurÃdicas que destaquen polo seu labor solidario na súa contorna de influencia», describen. Nauterra , multinacional carballesa do sector conserveiro, resultou gañadora na categorÃa de empresa por consolidar « un modelo de responsabilidade social centrado na erradicación da pobreza alimentaria, mantendo activo o centro neurálxico industrial en Carballo como motor económico da comarca», expresan desde o Grupo Social ONCE. O xurado encargado de outorgar estes premios destacou que Nauterra vincula a súa produción industrial coa inclusión laboral «e a doazón directa de proteÃnas de alta calidade a entidades sociais». E resaltou asà mesmo o seu impulso de «bolsas de formación técnica e de programas de inserción laboral para mozos en risco de exclusión social e de mulleres da contorna rural da Costa da Morte». Para rematar, subliñan o seu « mecenado e financiamento directa» de escolas deportivas adaptadas e proxectos de inclusión comunitaria a través do deporte «para persoas con discapacidade funcional, cognitiva e fÃsica» na comarca de Bergantiños. Ricardo Añón Seijas foi a persoa encargada de recibir o galardón en nome de Nauterra, acompañando a outros premiados como a Asociación STOP, Marisol Soengas, Solidarios cos Maiores e o Parlamento de Galicia. Durante a gala celebrada no Teatro Colón interviñeron autoridades como Miguel Santalices, presidente do Parlamento autonómico; Fabiola GarcÃa, conselleira de PolÃtica Social; Dolores Fernández, Valedora do Pobo, e representantes da ONCE. Arquivado en: Nauterra ONCE Solidariedade Whatsapp Mail Facebook Twitter Engade La Voz de Galicia en Google Comentar ·