El presidente Santalices, con sus antecesores Pilar Rojo, García Leira y Pérez Vidal.PREMIO DE LA ONCE AL PARLAMENTO PÁGINA 8 Miguel Santalices reivindica la integración de las personas con discapacidad como objetivo irrenunciable Galardón Santiago O presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices, reivindicou onte a inclusión das persoas con discapacidade como un «obxectivo irrenunciable» no momento de recoller o Premio Solidario concedido polo Grupo Social ONCE á Cámara galega. O galardón recoñece as iniciativas impulsadas polo lexislativo autonómico para avanzar na accesibilidade da súa sede, así como na participación das persoas con diversidade funcional. Santalices aproveitou o acto para reclamar a implicación do conxunto da sociedade galega na eliminación das barreiras que dificultan a plena integración. «O Parlamento só ten verdadeiro sentido se sabe escoitar, abrirse á sociedade e estar preto das persoas, sobre todo das que poidan ter máis dificultades para exerceren en plenitude os seus dereitos democráticos en todos os ámbitos», afirmou. O presidente da Cámara repasou as medidas adoptadas polo Parlamento nas últimas dúas décadas, desde a incorporación da lingua de signos ás actividades institucionais ata a mellora dos accesos ao edificio do Pazo do Hórreo. Entre as iniciativas tamén figuran prazas e bolsas específicas para favorecer a integración laboral, a instalación dun bucle electromagnético para persoas usuarias de audiófonos e a colocación de pictogramas orientados a persoas autistas. Santalices agradeceu o recoñecemento á ONCE, cuxo labor vinculou co compromiso de avanzar cara a unha sociedade máis inclusiva. «Este premio ten para nós un significado especial, porque nace dunha institución que leva décadas facendo da solidariedade, da inclusión e da plena integración das persoas con diversidade funcional unha parte esencial da súa razón de ser», sinalou. Tamén puxo en valor o traballo do resto de persoas e organizacións distinguidas. O presidente dedicou o premio aos traballadores do Parlamento e ás entidades, centros educativos e organizacións que colaboran coa institución. Ademais, agradeceu a contribución de quen traballa, moitas veces de xeito anónimo, para mellorar a sociedade galega. «Nun tempo en que, ás veces, parece que predominan o individualismo, a inmediatez ou a indiferenza, estes premios lémbrannos que hai outra maneira de facer as cousas», concluíu. n