Miguel Santalices, Pilar Rojo, Pérez Vidal e García Leira.SANTIAGO nnn O presidente da cámara autonómica, Miguel Ángel santalices vieira, reafirmou onte en A coruña, ao recoller o premio solidario outorgado á cámara autonómica polo Grupo social ONCE, o compromiso do Parlamento de Galicia coa inclusión e a plena integración das persoas con diversidade funcional. O xefe do Lexislativo animou o conxunto da sociedade galega a apoiar e comprometerse a loitar pola súa integración en todos os ámbitos, ademais de denominar este compromiso como un “obxectivo irrenunciable”. santalices recolleu o premio acompañado por tres dos seus antecesores na cámara autonómica, Pilar rojo, tomás Pérez vidal e José María García Leira. Lembrou na súa intervención as diferentes iniciativas implantadas no Pazo do Hórreo en prol da inclusividade, que comezaron hai dúas décadas coa integración da lingua de signos nas actividades da cámara e se expandiron para incluír a día de hoxe a mellora de accesos, a integración laboral mediante prazas e bolsas de traballo específicas. Por outra banda, eloxiou o labor en prol da integración social do resto de premiados e da propia ONCE, cuxa obra fai aínda mais significativo o galardón recibido. As empresas e entidades galardoadas son o Parlamento de Galicia (estamento da Administración Pública), a Asociación STOP pola campaña “cada neno, un xoguete 2025” (Organización, Institución ou ONG), Nauterra-Grupo calvo (empresa), o colectivo solidario cos Maiores (comunicación) e Marisol soengas (Persoa Física).n