Fecha de celebración: 30 de septiembre a las 12:00 Dirigido a Estudantes PAS y PDI Organiza Universidade de Vigo Na sala de videoconferencias da Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo A sala de videoconferencias da Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo acolle o acto de apertura do curso académico 2026/2027 do Programa Emau, Emprego e Vida Autónoma, iniciativa coordinada pola Universidade de Vigo e desenvolvida no marco do programa Unidiversidade da Fundación ONCE. O seu obxectivo é ofrecer unha formación universitaria adaptada a mozas e mozos con discapacidade intelectual, do desenvolvemento e/ou do espectro autista, co fin de mellorar as súas competencias persoais, sociais e laborais, e favorecer a súa empregabilidade e autonomía. Este acto marca o inicio dun novo curso do programa e constitúe tamén unha oportunidade para que o alumnado e as súas familias, o equipo docente e os representantes das institucións que colaboran e apoian o Emau poidan compartir este momento e coñecerse. Anótalo en: