Instalacións da residencia de EirÃs nunha imaxe tomada antes da súa apertura CESAR QUIAN Familiares dos usuarios presentaron escritos ante a ConsellerÃa de PolÃtica Social e a Valedora do Pobo denunciando deficiencias no coidado dos maiores 16 may 2026 . Actualizado á 05:00 h. Whatsapp Mail Facebook Twitter Comentar · PolÃtica Social tomará medidas inmediatas e de forma urxente para supervisar o funcionamento da nova residencia pública de maiores de EirÃs, na Coruña. Esta decisión prodúcese tras unha onda de queixas presentados polos familiares ante a Inspección da propia ConsellerÃa e a Valedora do Pobo, denunciando deficiencias no coidado. «A Xunta está pendente e, no caso de que fose necesario, non titubeará á hora de tomar decisións, tal e como vén demostrando nos últimos anos», sinalan desde PolÃtica Social, desde onde engaden: «O bo funcionamento dos centros de atención a maiores é innegociable, e mostra da preocupación por algunhas queixas que estamos a recibir é que este mesmo mércores montouse unha reunión de urxencia cos responsables da xestión do centro para mellorar determinadas cuestións». Entre as queixas figuran problemas de hixiene, atrasos na atención básica e deficiencias sanitarias . Os escritos falan de «restos biolóxicos en chans, mobiliario e roupa de cama», cuartos sen acondicionar ata a tarde e residentes deitados toda a mañá ata «unir o almorzo coa comida». Tamén denuncian «falta de control efectivo» na administración de medicación e «caÃdas reiteradas de residentes, algunhas con resultado de atención hospitalaria». Desde Ilunion, empresa que xestiona a residencia, indican que este centro como o resto dos que levan conta con protocolos especÃficos e que «o equipo do centro, ante calquera incidencia ou preocupación dos familiares pon en marcha un proceso de análise e revisión dos protocolos de hixiene, atención, medicación e prevención de riscos. E, se fose preciso, aplÃcanse as medidas necesarias» Whatsapp Mail Facebook Twitter Comentar ·