Servizos sociais
O carácter social da ONCE impregna e condiciona a actividade finalista da organización de cegos encamiñada a conseguir dous grandes obxectivos: a autonomía persoal e a plena integración social do colectivo dos seus afiliados.
Os servizos sociais especializados son o sinal de identidade da institución; máis de 230 millóns de euros anuais (dato referido ao exercicio 2009) destínanse na ONCE á acción social.
O modelo de servizos da ONCE é único no mundo. Abrangue todos os aspectos e/ou servizos especializados que pode necesitar unha persoa cega ou con discapacidade visual: educación, emprego, rehabilitación, axudas técnicas adaptadas, comunicación e acceso á información, deporte, ocio, etc.
A prestación de servizos especializados para o colectivo de cegos da ONCE é o resultado do investimento solidario que miles de cidadáns realizan cada día coa compra dos produtos de xogo da organización.




