Web de la ONCE

Estás en:

ONCE Internacional

No mundo viven arredor de 161 millóns de persoas cegas ou con graves problemas de visión, deles 40 millóns padecen cegueira total, segundo as estimacións da OMS (Organización Mundial da Saúde). A maior parte vive en países en desenvolvemento, sen acceso á educación, á rehabilitación, ao emprego. En definitiva, ausencia de igualdade de oportunidades con respecto ao resto da cidadanía.

A ONCE, sensible ante esta situación coopera, na medida das súas posibilidades, nos aspectos básicos da rehabilitación persoal e social. Actualmente participa en máis dunha trintena de organizacións internacionais que operan no ámbito da discapacidade, sen prexuízo da axuda que poida prestar ante situacións sobrevidas e de especial necesidade. Tal é o caso de Haití.

Sacudido por un violento terremoto o 12 de xaneiro de 2010, co epicentro na capital, Puerto Príncipe, e réplicas posteriores, Haití padeceu incontables perdas humanas e danos materiais. A ONCE e a súa Fundación promoveron unha campaña solidaria no seo de ambas as dúas institucións que culminou co envío de axuda ao colectivo irmán da Sociedade Haitiana de Cegos, un dos grupos máis vulnerables.

Á marxe destes feitos de excepción aos que a institución non deixa de atender, os eixes principais do traballo da ONCE son tres: no da representación das persoas con discapacidade, en xeral, e das persoas cegas, en particular; no ámbito educativo e no da promoción do emprego. Xunto a eles desenvólvense outros proxectos relacionados coas novas tecnoloxías, a cultura e o deporte.

A representación internacional

No ámbito educativo internacional

No ámbito internacional da promoción do emprego

WEB