CEOSA. Rendibilidade social e económica

Cos obxectivos de buscar fórmulas de creación de emprego alternativo á venda do cupón e unha oportunidade profesional para as persoas cegas mellor cualificadas; así como outras fontes de financiamento e impulso económico, a ONCE comezou a interesarse polo mundo empresarial. A partir de 1986, tomou algunhas participacións en empresas de probada solvencia. Uns anos máis tarde -en 1993- agrupou as participacións nunha única sociedade. Deste xeito nace a Corporación Empresarial ONCE S.A. (CEOSA), un grupo de empresas socialmente responsable.
A experiencia acumulada permitiu desenvolver a iniciativa de maneira que hoxe CEOSA é unha entidade consolidada que actúa nos sectores de promoción inmobiliaria, servizos para empresas, turismo, seguros, alimentación, mobiliario urbano e fisioterapia.
A actividade de CEOSA intégrase, na actualidade, como unha rama industrial da Dirección Xeral da ONCE, e conta cun consello de administración composto por representantes da ONCE debido ao carácter de accionista único da Organización.
Fieis ao seu primitivo obxectivo de creación de emprego para persoas con discapacidade, o 10 por cento do cadro de persoal de CEOSA está composto por traballadores/as deste segmento social, demostrando día a día que as persoas con discapacidade teñen equiparables capacidades ca o resto da sociedade.




