Web de la ONCE

Estás en:

Unha breve historia

Banner. Composicion

A Organización Nacional de Cegos Españois (ONCE) é o froito da vontade dos cegos do noso país que, na década dos anos trinta do pasado século, militaban en diferentes asociacións fundamentalmente de Andalucía, Cataluña e Levante. Deste esforzo nacía o 13 de decembro de 1938 a ONCE. Un decreto outorgáballe a explotación do cupón denominado procegos para que os seus afiliados puidesen gañar a vida.

En maio de 1939 celebrábase o primeiro sorteo da ONCE. Durante moitos anos, ata o 31 de decembro de 1983, os sorteos eran provinciais e os cupóns contiñan tres cifras.

O máximo representante da Organización era nomeado polo Goberno e a súa denominación correspondía á de xefe nacional.

Desprégase o abano laboral pero aparecen problemas económicos
O cupón deulle traballo, desde o principio, á práctica totalidade das persoas cegas pero queríanse diversificar as súas posibilidades profesionais. Por iso, fundamentalmente nos anos sesenta, creáronse centros de formación e emprego como unha Escola de Telefonía, un Centro de Formación Profesional ou a Escola Universitaria de Fisioterapia que, en definitiva, foi o logro máis destacado pois os seus alumnos conseguen traballo con facilidade. En paralelo creáronse, tamén, centros educativos, servizos sociais de rehabilitación, bibliotecas braille e sonora, etc.

A medida que a ONCE crecía no seu desenvolvemento a súa practicamente única fonte de ingresos, o cupón, comezou a dar síntomas de esgotamento e os seus sorteos foron quedando desfasados e faltos de competitividade.

Democracia e modernización

A década europea