Afiliación

"Cada ano afílianse á organización preto de 4000 persoas"
A afiliación á ONCE pódese realizar cando a persoa interesada cumpra as seguintes condicións:
- Posuír a nacionalidade española.
- Dispoñer en ambos os dous ollos polo menos dunha das seguintes condicións visuais:
- Agudeza visual igual ou inferior a 0,1 (1/10 da escala de Wecker), obtida coa mellor corrección óptica posible.
- Campo visual reducido a 10 graos ou menos.
A afiliación significa pasar a formar parte da institución, asumindo os dereitos e mais as obrigas que se enumeran nos seus estatutos. Supón, ademais, o acceso a todos os servizos sociais de carácter especializado (rehabilitación, atención educativa, emprego, acceso á cultura,...) e a posibilidade de traballar como axente vendedor do cupón ou en calquera outro posto laboral, dentro da organización, para o que estea capacitado/a.
Cada ano afílianse á organización preto de 4000 persoas. Na actualidade o 20,78% son persoas con cegueira total e o 79,22% cunha deficiencia visual grave.




