Web de la ONCE

Estás en:

Unha breve historia. Democracia e modernización

Democracia e modernización
O 19 de xaneiro de 1982, os/as afiliados/as da Organización elixían por primeira vez en votación directa e secreta os seus dirixentes. Así, a ONCE incorporábase ao sistema democrático vixente no noso país desde o 15 de xuño de 1977.

Os afiliados á ONCE elixen, desde entón, os máximos dirixentes e fano en votación e cada catro anos. A partir da democratización na ONCE, acometeuse unha profunda modernización da entidade comezada polo cupón.

O 2 de xaneiro de 1984 poñíase en marcha unha importante remodelación do cupón ao pasar a ser un sorteo de carácter nacional con catro cifras. Esta modificación tivo efectos moi positivos e permitiulle á ONCE un importante respiro económico que posibilitaría, nos anos vindeiros, acometer destacados proxectos sociais potenciados con posteriores remodelacións e novos produtos, entre os que cómpre salientarmos a posta en marcha de lotarías semiactivas en outubro de 2004. Pouco máis tarde      -maio de 2006- a ONCE comercializa lotarías instantáneas e, xa en 2010, algunhas modalidades de xogo tamén se distribúen a través de canles físicas complementarias (estancos, gasolineiras e quioscos, sobre todo).

Trátase de conseguir, nun máis que complicado mercado, o financiamento para o sostemento dos compromisos sociais da ONCE. E é que, ao longo das dúas últimas décadas, se crearon e melloraron os servizos sociais para as persoas cegas e deficientes visuais: autonomía persoal, atención educativa e formación, emprego, deporte, terceira idade, novas tecnoloxías accesibles, entre outros. Ademais, en 1988 creárase a Fundación ONCE "para a cooperación e inclusión social das persoas con discapacidade". En 1993 nacía a Corporación Empresarial ONCE (CEOSA) que diversificaría a actividade da ONCE en sectores como o turístico ou o de servizos e, en 1998 xurdía a Fundación ONCE para América Latina (FOAL), que supón a solidariedade da Organización cos cegos dos países iberoamericanos.
Outra achega cualitativa é a creación, en 2007, da Fundación ONCE para a Atención a Persoas con Xordocegueira, coa finalidade de lle prestar unha axuda específica e especializada ao colectivo de persoas xordocegas que xa atendía a ONCE pero que agora adquire rango propio.

No ámbito cultural, destaca a vertebración do deporte de competición practicado polas persoas cegas nunha federación, que naceu en 1993, a Federación Española de Deportes para Cegos, que a ONCE tutela, así como o gran compromiso co Comité Paralímpico Español (CPE), o organismo reitor da alta competición dos deportistas con discapacidade.

Unha breve historia

A década europea