Web de la ONCE

Estás en:

Introducción

Non é sinxelo compendiar nunhas poucas páxinas a realidade da Organización Nacional de Cegos Españois (ONCE). Esta decana institución, con máis de setenta anos de historia, nunca quixo ter un carácter asistencial e hoxe é unha cotián, próxima, estable e discreta institución, vangardista en servizos sociais especializados para as persoas cegas e discapacitados visuais, clave no sector da discapacidade, referente no mundo…, axente activo, en definitiva, no seo da sociedade.

A clave do éxito haina que buscar no apoio da sociedade española que, día a día, nos vén dando unha exemplar lección de compromiso e fidelidade coa adquisición dos nosos produtos de xogo, auténtico motor económico.

A autonomía persoal, a atención educativa, a normalización laboral, a accesibilidade universal por medio das novas tecnoloxías e o gozo do ocio e do tempo libre como desenvolvemento integral da persoa… De todo isto, e máis, é do que se fala nestas páxinas.